Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Preinscrición nos Science Action Club da Domus

Serán dous clubs de ciencia que se reunirán semanalmente entre outubro do 2020 e xuño do 2021.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/10/2020 ata o 14/10/2020

Xa rematou

Formulario de inscrición

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Número de prazas:

Nove persoas por cada club de ciencia

Prezo:

29,09 euros

Requisitos:

Para persoas de 10 a 14 anos

Contacto:

Tel.: 981 189 840

Documentos:

SAC-Domus_-dinamica-do-sorteo-de-adxudicacion-de-prazas.pdf (55 KB)

Deseñado para mocidade de 10 a 14 anos, haberá dous Science Action Club (SAC) que se reunirán semanalmente na Domus os seguintes días e horas:

  • SAC Domus 1: os mércores de 16.30 h a 18.00 h
  • SAC Domus 2: os xoves de 16.30 h a 18.00 h

Para participar debes preinscribirte neste formulario en liña, onde deberás escoller entre os clubs SAC 1 e SAC 2, que só se diferencian no día no que se acode á Domus cada semana. Entre todas as persoas preinscritas, sortearanse as prazas dispoñibles (consulta as bases do sorteo no documento adxunto).

O Science Action Club, organizado en colaboración coa California Academy of Science de Estados Unidos, é un club de ciencia cidadá para explorar a natureza e aprender ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM). Este programa extraescolar inclúe tres bloques nos que se organizarán as actividades e experiencias: Exploradores de aves, Safari de bichos e Buscadores de nubes.

Tamén che pode interesar...

  • Clases de español para persoas estranxeiras na Biblioteca Ágora

    Clases de español para persoas estranxeiras

    Cando:

    Dende o 03/02/2026 ás 16:00 ata o 11/06/2026 ás 18:00 , os martes e xoves

    Inscricións:

    Dende o 19/01/2026 ata o 03/02/2026

    • Inscrición presencial na Biblioteca Ágora.
    • A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
    • O día de comezo das clases (3 febreiro) realizarase unha proba de nivel para a asignación de grupo.
  • Clases de español para persoas estranxeiras

    Clases de español para persoas estranxeiras

    Cando:

    Dende o 03/02/2026 ás 18:00 ata o 11/06/2026 ás 20:00 , os martes e xoves

    Inscricións:

    Dende o 19/01/2026 ata o 03/02/2026

    • Inscrición presencial na Biblioteca Sagrada Familia.
    • A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
    • O día de comezo das clases (3 de febreiro) realizarase unha proba de nivel para a asignación de grupo.
  • Cartel do contaconto e taller O firmamento animado

    Ciclo Eclipse. O firmamento animado

    Cando:

    17/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/06/2026 ata o 17/06/2026

    Require inscrición.

  • Lorca

    Taller de creación literaria

    Cando:

    Dende o 09/05/2026 ata o 27/06/2026

  • Cartel do taller Lego Technic

    BiblioTECH. Campus de verán con Lego Technic

    Cando:

    Dende o 06/06/2026 ata o 27/06/2026

    As sesións serán todos os sábados de xuño, de 11.00 a 13.00h.

    Inscricións:

    Dende o 30/05/2026 ata o 06/06/2026

    Require inscrición.

  • Cartel do taller Preparados para a eclipse (3-7 anos)

    Ciclo Eclipse. Preparados para a eclipse (3-7 anos)

    Cando:

    04/07/2026

    Inscricións:

    Dende o 27/06/2026 ata o 04/07/2026

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión