Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)
9 a 14 anos
Infantil
26/04/2022
Xa rematou
Dende o 19/04/2022 ata o 26/04/2022
Require inscrición.
de 18.30 a 20 horas.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
16
981 184 392
Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.
Na Biblioteca Sagrada Familia desenvolverase un obradoiro de banda deseñada para rapazada de 9 a 14 anos a cargo de Manel Cráneo, artista multimedia coruñés de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Resalta o seu traballo como autor de cómic e ilustrador, colaborando ademais en numerosas publicacións e volumes colectivos. Tamén traballou para axencias de publicidade e foi director artístico de varias campañas. Neste obradoiro as rapazas e rapaces participantes aprenderán da súa man como activar os sentidos para crear obras únicas e estimular a creatividade que levan dentro deles.
Tamén che pode interesar

18/07/2026
Dende o 13/07/2026 ata o 18/07/2026
Os días 20/06/2026 ás 12:00 , 11/07/2026 ás 12:00 , 18/07/2026 ás 12:00

Dende o 16/07/2026 ata o 19/07/2026

Dende o 18/07/2026 ata o 19/07/2026

20/07/2026
Acceso libre até completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible