Ballet Solidario
Para público en xeral
03/12/2016
Xa rematou
20.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
5,00 euros
A Escola Municipal de Danza de Oleiros, o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo serán protagonistas da Primeira Gala Benéfica con Honduras, co fin de contribuír ao mantemento dos distintos proxectos educativos que ACOES leva a cabo en Honduras.
Todos os donativos que se recaden destinaranse ao apoio das tres escolas que ACOES mantén no arrabalde de Tegucigalpa: Escola Santa Clara, Escola Santa Teresa de Jesús e Escola Virgen de Suyapa.
No vestíbulo de entrada do ÁGORA, os voluntarios de ACOES en Galicia ofrecerán información sobre as actividades que a asociación desenvolve en Honduras.
Ademais, atoparán artesanías confeccionadas con cerámica polos indíxenas lencas; camisetas conmemorativas dos XV anos de ACOES en Galicia, deseñadas polo artista coruñés Manuel Suárez; Lotería de Nadal, así como o Calendario Solidario 2017.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible