Radio BULEBULE é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, tras a súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.
Familias
Familias
11/05/2019
Xa rematou
Dende o 06/05/2019 ata o 10/05/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
11.00 horas
1 h aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
O medio radiofónico inspira este espectáculo, onde os temas se dispoñen ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...- , música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Emulando as "ondas herztianas", entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio.
Esta actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística dentro do programa Apego.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

16/01/2026
Dende o 09/01/2026 ata o 16/01/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible