Coa publicación das prazas vacantes, o día 13 de marzo, ábrese o prazo de solicitude de novos ingresos entre o 16 e o 30 de marzo.
Para público en xeral
Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026
Coa publicación das bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2026-2027, o Concello da Coruña dá comezo a unha nova convocatoria para a solicitude de praza nas escolas infantís de face ao próximo curso.
Tras a presentación das solicitudes de renovación e traslado (do 9 ao 12 de marzo), publicarase, o día 13 de marzo, a lista de prazas vacantes para o curso 2026-2027. A continuación, abrirase un prazo, do 16 a 30 de marzo, para a solicitude de novos ingresos.
As familias poderán indicar ata dous centros da súa preferencia no formulario de solicitude, dispoñible na web municipal. Tras completar o formulario, xerarase unha ficha de preinsicripción, en formato pdf, que deberá ser asinada por ambos os proxenitores ou titores legais e achegarse, xunto coa documentación indicada nas bases, a través do Rexistro Electrónico do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gob.es), do Rexistro Xeral ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Calendario do proceso de admisión
| Trámite | Data/prazo |
|---|---|
| Prazo de solicitude de renovación de praza | Do 9 ao 12 de marzo |
| Prazo de solicitude de traslado de praza | Do 9 ao 12 de marzo |
| Publicación de prazas vacantes para o curso 2026/2027 | 13 de marzo |
| Pre inscrición en liña e solicitude por rexistro | Do 16 ao 30 de marzo |
| Publicación das solicitudes presentadas | 4 de maio |
| Prazo de presentación de alegacións e emenda contra a listaxe de solicitudes | Do 5 ao 18 de maio |
| Publicación da resolución provisional | 8 de xuño |
| Prazo de presentación de alegacións contra a resolución provisional | Do 9 ao 22 de xuño |
| Publicación da resolución definitiva | 30 de xuño |
| Prazo de matrícula | Do 1 ao 10 de xullo |
Máis información sobre o proceso de admisión na REIM: Proceso de admisión
Documentos relacionados

Dende o 09/03/2026 ata o 12/03/2026

14/03/2026

Dende o 14/02/2026 ata o 31/03/2026

24/04/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible