Organizada polo CICA e o IUX, inclúe proxeccións de cinema científico e talleres infantís na Domus
Para público en xeral
Dende o 28/11/2025 ata o 29/11/2025
Xa rematou
Venres 28, de 18 a 21 horas
Sábado 29, a partir das 11.30 horas
Entrada libre ata completar espazo
Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e o Instituto Universitario de Xeoloxía (IUX) da Universidade da Coruña.
O venres 28 de novembro a Domus acolle unha sesión especial de cinema científico, coa proxección da película 2012, que será presentada e comentada pola paleontóloga Penélope Cruzado-Caballero. Ao finalizar a proxección, abrirase un coloquio dedicado ao cambio climático e aos eventos de extinción masiva, no que o público poderá dialogar directamente coa especialista.
A xornada do sábado 29 de novembro estará dedicada ao público infantil. Ás 11:30 horas proxectarase a película de animación Ice Age 2: el deshielo, unha proposta pensada para público infantil e familiar que permitirá introducir os conceptos de clima, evolución e adaptación de especies dun modo entretido.
Paralelamente, entre as 12:00 e as 14:00 horas, celebraranse diversos talleres infantís de paleontoloxía coordinados pola asociación UDC Big Bang e por alumnado da Facultade de Ciencias da UDC, nos que nenos e nenas poderán manipular fósiles, reconstruír paisaxes prehistóricas e aprender xogando.
Esta actividade está enmarcada no programa da II Semana da Paleontoloxía, que se celebra na Coruña entre o 26 e 29 de novembro, organizado polo Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e o Instituto Universitario de Xeoloxía (IUX) da Universidade da Coruña.
A II Semana da Paleontoloxía ofrece un programa de actividades que combina investigación, divulgación e cultura científica para achegar a paleontoloxía á sociedade.

Dende o 25/09/2026 ata o 27/09/2026

27/09/2026

Dende o 28/09/2026 ata o 29/09/2026
Dende o 21/09/2026 ata o 28/09/2026
Inscrición en liña

29/09/2026
Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

01/10/2026

01/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible