Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sesión panorámica sobre as posibilidades e situación da realidade aumentada

A realidade aumentada permite ampliar a información e contidos dunha peza física, a través da intermediación dun dispositivo dixital (xeralmente móbil), como xa experimentou de maneira inicial o #LAIC nun hackathón.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/02/2019

Xa rematou

Horario:

10:00-13:30

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

aforo amplo

Prezo:

Actividade gratuíta con inscrición previa en http://corunadixital.gal/iniciativa/laic-realidade-aumentada/

A proposta para esta primeira cita do grupo de realidade aumentada do #LAIC é unha panorámica deste eido tecnolóxico e das súas últimas tendencias da man de Verónica A. Rodríguez Pérez.

Verónica é, actualmente, a coordinadora principal de @xRWorldMadrid, unha das comunidades centradas en tecnoloxías VR / AR/ MR máis grandes e máis activas da Península. Tamén foi responsable da organización do GlobalVRDay na súa sede en Madrid, un evento que se celebrou de forma simultánea noutras 70 cidades do mundo, e colaborou con Oarsis, The App Date e a Fundación Telefónica na elaboración do mapa do ecosistema empresarial do sector, dentro do "Informe Radiografía de la Realidad Virtual, Aumentada y Mixta en España 2018". 

Esta sesión servirá, ademais, para avanzar as claves do grupo de Realidade Aumentada, un máis dos que forman parte de #LAIC 2019, e que en breve comezará as súas actividades. Aida Vidal, que será a facilitadora, explicará como se desenvolverá o programa do grupo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión