O 7 de setembro ábrese o prazo de inscrición dun novo obradoiro de radio.
Xuvenil
18/09/2015, de 17:30 a 20:30
Xa rematou
Dende o 07/09/2015 ata o 12/09/2015
De 17.30 a 20.30 h.
3 horas.
Gratuíto.
Idade: de 16 a 35 anos.
Inscrición previa (12 prazas): do 7 ao 12 de setembro.
Gústache escoitar a radio? Gustaríache aprender a realizar un programa?
O venres 18 de setembro no Centro Ágora tes a oportunidade de ter o teu primeiro contacto co mundo da radio. E quizá sexa o comezo dunha gran amizade.
Nunhas horas, varias persoas de CUAC FM 103.4, ofreceranche unha formación práctica e divertida sobre a locución, a parte técnica, a produción e tamén breves nocións sobre o que é unha radio comunitaria.
Que é unha radio comunitaria? Unha emisora sen ánimo de lucro na que calquera persoa ou colectivo pode colaborar. O único que é necesario é ter paixón por comunicar.
CUAC FM é a única que existe en Coruña. Emite desde 1996 no Campus da Zapateira e xa pasaron polos seus micros máis de 400 programas.
Se queres gozar dela como oínte, podes facelo a través do 103.4 de fm, de http://cuacfm.org/directo ou da nosa aplicación gratuíta para móbiles (android, Apple ou Nokia). Posteriormente podes escoitar os nosos programas podcast. Ah, se queres síguenos en facebook ou Twitter @cuacfm.
IMPORTANTE: No caso de que o/a participante sexa menor de idade, deberá presentar autorización do pai/nai/titor legal, así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación.

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

Dende o 19/01/2026 ata o 23/01/2026
Dende o 12/01/2026 ata o 16/01/2026
Inscrición presencial na biblioteca

28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible