Ante a celebración das vodas de prata, Dorotti e Plácido deciden revivir a súa lúa de mel hospedándose no mesmo hotel de El Escorial.
Para público en xeral
Os días 26/06/2015 ás 20:30 , 27/06/2015 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
5.00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados, 4.00 €).
Amigos e familiares que se achegaron ao hotel para darlles unha sorpresa, atópanse cun panorama que, ante a insistencia de Dorotti por saber se o seu marido lle fora fiel, saca á luz unha aventura que Plácido tivo nos seus primeiros anos de matrimonio e que, despois de tanto tempo, fai un efecto devastador e sobre todo sorprendente.
Amor, incomprensión e intransixencia amósanse sen complexos ante as diversas confesións e declaracións.
Unha comedia ambientada no 1955 que nos amosa as vicisitudes dunha serie de persoas que configuraban a sociedade da época e que nos agasallan cuns minutos moi divertidos.
Dirección: Modesto Gómez.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes, Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.
Sede Afundación: de luns a sábado (incluído festivos) de 9.00 a 21.00 h.
Despacho de billetes do Fórum: unicamente o día de función desde unha hora antes (pagos en efectivo).
Televenda: 902 504 500.

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible