Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Trac

TRAC, no seu novo proxecto de temas propios de rock progresivo, presenta os discos "Man" e "El bosque sin árboles" gravados en paralelo ao longo do ano 2016 en Gourmet Sound Studio da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/02/2017

Xa rematou

Horario:

20.00 h (Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

 

 

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

10,00 euros

Televenda:

Ticketea

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

TRAC é unha banda cunha dilatada carreira realizando versións de rock & blues formada por Berto Morán (batería, percusión, guitarra acústica e voz), Luis Molina (baixo eléctrico e voz), Moncho Pardo (guitarra eléctrica e voz) e Juan Cordonié (guitarra acústica, eléctrica e sintetizada, e voz), todos eles con ampla experiencia previa noutros grupos coruñeses. Nesta nova etapa elaboran material propio con distintas cores e tons da paleta do estilo de rock progresivo dando igual importancia á parte vocal como ao desenvolvemento instrumental e coa curiosa característica de que todos os instrumentos que se escoitan - ademais de baixo, batería e percusión - están realizados con efectos de guitarra ou guitarra sintetizada vía midi.

O disco "Man" é unha longa suite sobre o artista Manfred Gnädinger 'Man', 'o alemán de Camelle', que comprende desde as súas orixes na zona do Lago Constanza ata a súa chegada a Galicia, a creación da súa obra ao longo de 40 anos en Camelle onde viviu practicamente como un anacoreta, a súa tráxica morte pouco despois do desastre ecolóxico do Prestige, e a destrución parcial do seu museo por un temporal en 2010. Para este proxecto contouse coa cesión desinteresada de material sonoro e gráfico de RTVG e Museo MAN 'Mar, Arte e Natureza' de Camelle.

"El bosque sin árboles" inclúe temáticas e sonoridades diversas que van desde o encadeamento de diferentes ambientes instrumentais de 'ECM' á introspección de 'Luminarias' (Luminarias iridiscentes, recuerdo de los ausentes...) ou a rabia de 'Generación maldita' (Cal é esa xeración?, a nosa), ademais do bonus track instrumental de 'Recuncando' xa incluído nun disco anterior de Juan. Por último, a suite ecolóxica en catro partes que é tamén título do disco e cunha mensaxe, desgraciadamente, pouco optimista (Prestige, Urquiola, Mar Exeo...)

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central Praza Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión