Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tratado de botánica aplicada

Xurxo Gómez-Chao presenta un proxecto no cal nos atoparemos con imaxes "vistas por primeira vez", con "paisaxes temporais"; onde asistiremos ao "primeiro soño do ano" e onde tamén conviviremos con "pétalos e ceboletas".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/09/2017 ata o 10/11/2017

Xa rematou

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Un bo número de fotografías pictóricas que expoñen unha reflexión sobre a fugacidade da beleza. Unha metáfora do ciclo da vida, do poético e o pictórico, pero ao mesmo tempo do racional e o científico. Representacións que desde o primeiro momento se afastan da realidade observada e toman conciencia en si mesmas, converténdose en símbolos da fráxil e efémera existencia. A dualidade é unha calidade inherente á obra de Gómez-Chao, por iso neste proxecto atopamos dúas tipoloxías de obra que comparten a natureza como protagonista indiscutible. Unha serie de pezas presentan composicións florais de variado colorido situadas en etéreas paisaxes. Noutras constrúe as súas características metáforas visuais combinando elementos naturais cunha depurada estética de sutís cores que se achega ao universo xaponés. A combinación de elementos, unido cun xogo de suspensións e volumes, permítelle crear belas esculturas efémeras que finalmente se conxelan na imaxe fotográfica. A nivel técnico tamén achamos un diálogo entre xéneros como son a fotografía, a pintura e a instalación establecendo unha linguaxe artística propia e recoñecible cargada de múltiples matices e referencias.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión