Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: "Acciones sencillas"

Danza contemporánea Jesús Rubio Gamo en coprodución con Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque de Madrid, GREC Festival de Barcelona e Festival Romaeuropa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas -20%; familias numerosas -25%)

**Todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Un móvese desde sempre, nace movéndose. Ve outros corpos movéndose e aprende a entender a sensación que eses movementos que ve albergan. Unha anda e sente a sensación que xa imaxinara que tiña esa á que viu andando, antes ca ela. Un aprende a xirar porque capta a enerxía que emana do que xira. Un salta, unha cae, un toca, unha abraza, entrelázase... Un ve un paxaro e pode imaxinar o que sente o paxaro ao voar. Pero un non pode voar. Unha baila as primeiras veces sen saber aínda que o que fai ten un nome. Logo ve a xente que se move de formas prodixiosas. Parece que voan, parece que xiran eternamente, parece que teñen pernas que parecen brazos... Pregunta: que é iso? Respóndenlle: están a bailar. E entón sabe que el tamén quere bailar, porque xa sente o que esoutros corpos están a sentir pero quere sentilo aínda máis, necesita sentir o que hai neses límites. Aí comeza un camiño. Empezas a practicar accións, pasos, movementos, posicións, secuencias. Non pensas demasiado. Fas, repites, practicas, buscas o ángulo, a maneira, ás veces centraste na forma e outras confías na sensación. Logo pérdeste. Veste con todo iso e non sabes moi ben para que usalo, como poderá servir. Xa viches algúns corpos enchendo eses códigos, desafiándoos, con toda a súa forza e toda a súa historia e todo o seu cansazo e toda a súa plenitude. Sabes que están aí para todos, son tamén teus. Só tes que atopar a túa maneira. De que os vas encher ti? Por onde empezar?         Jesús Rubio Gamo

Elenco: Eva Alonso, Olaia Valle, Arantza Iglesias, Raúl Pulido e Diego Pazó

Bailaríns suplentes: Clara Pampyn e Alberto Alonso

Idea, coreografía e dirección: Jesús Rubio Gamo

Voz, música e palmas: Blanca Paloma, Desiré Paredes e Paz de Manuel

Venda de entradas:

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión