Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: Bionic

Espectáculo de danza contemporánea a cargo da compañía Entremans

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/04/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas las persoas que accedan al recinto deben hacerlo con entrada, independentemente de la edad que tengan.

Bionic é unha peza en formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Un encontro próximo onde o biolóxico e o artificial comparten territorio, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.

A palabra Bionic indúcenos a pensar na tecnoloxia. É a bionica como ciencia a que adopta e aplica aqueles procesos biolóxicos e o seu funcionamento ao artificial, creando un modelo moi semellante ao da súa orixe. Facendo uso deste concepto, que xa supón un cambio de estado e forma, penetrámonos no imaxinario tecnolóxico para contar a modo de reflexión unha historia que cuestiona o presente de hoxe e o futuro próximo.

Nunha era onde a ciencia e a tecnoloxía poidan axudar a cubrir a deterioración física ou mental en defensa da perfección, como de afectado quedaría aquilo que nos identifica como humanos? O erro, a capacidade de relacionar, interpretar, compartir e empatizar cos demais. Estaremos supeditados quizá á xerarquía da tecnoloxía? Canto de máquina ou de humanos quedará entre nos? Pode ser unha paradoxa en toda regla, aquilo que nos fixo crecer, tamén pode aniquilarnos e convertirnos noutro ente condenado á perfección. Será que outra dimensión humana se abre ao noso paso?

" Vimos ao mundo cun corpo que lanzamos á vida para nutrilo de experiencias, disposto a recibir e a dar, un corpo que memoriza vivencias pasadas e desexos futuros, cun algoritmo propio, o sentir"

Creación, interpretación e dirección: Armando Martén e Ana Beatriz Pérez

Voz en off: Rocío González

Espazo sonoro e música: Ismael Berdei

Duración: 50 minutos

Venta de entradas 

Taquilla de la Plaza de Ourense: de lunes a viernes das 11.00 a 15.00 y de 16.30 a 19.30 h

Taquilla  Teatro Rosalía: sólo abre los días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenta

* Una vez empezado el espectáculo no se permitirá acceder a la sala.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión