Paisaxes interiores/exteriores
Para público en xeral
Dende o 01/12/2020 ata o 24/01/2021
Apertura da exposición: martes, 1 de decembro ás 12.00 horas
Xa rematou
Horario: das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h, todos os días
A NOSA ARTE NA CORENTENA
Exposicións arredor dunha pandemia
Os momentos de crise adoitan ser momentos de incerteza, de inseguridade e por iso difíciles de vivir. Pero unha das contrapartidas é que poden vir acompañados dunha maior creatividade nas diferentes artes.
Para visibilizar os novos procesos creativos xerados, convidouse a dúas comisarias, profundamente coñecedoras da realidade artística coruñesa: Ánxela Caramés e Leticia Castromil. Elas seleccionaron as/os autoras/es e obras participantes, así como a súa temática e estrutura.
A exposición ocupa as salas de exposicións municipais de Palexco e Quiosco Alfonso. Podemos ver pintura, escultura, fotografía, estampaxe, ilustración, videoproducción, instalacións... en resumo, unha visión ampla da diversidade artística da contorna coruñesa, agrupados cun único leitmotiv, a paisaxe, contemplado de forma ampla, a paisaxe exterior e interior, como obxecto da produción artística.
Un total de 128 pezas de corenta e un artistas que dan unha visión ampla dun achegamento a un motivo clásico da arte, pero cunha selección realizada nunhas circunstancias moi especiais.
O título da mostra é un haiku de Kobayashi Issa (1762-1826).
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Dende o 29/02/2024 ata o 01/05/2024
Dende o 18/11/2023 ata o 01/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible