“Scarlett Johansson é unha acabada de chegar ao noso mundo. Todo lle é estraño e intenta comprender e conxeniar coa xente que vai atopando… á súa maneira”.
Para público en xeral
Dende o 07/07/2021 ata o 07/07/2021, os mércores
* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección
Xa rematou
22:30 h
Prezo: 3,00 €
Descontos Carné Xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
forum@coruna.gal
O gran Jonathan Glazer adapta a estrañísima novela de Michael Faber na que unha mirada extraterrestre non fai máis que retratarnos e diseccionarnos con aterradora frialdade. A extraordinaria interpretación de Johansson e a música doutro mundo de Mica Levi fan o resto.
Ano: 2013
Duración: 108 min
País: Reino Unido
Director: Jonathan Glazer
Repartición: Scarlett Johansson, Paul Brannigan, Robert J. Goodwin e Krystof Hádek
Cualificación: non recomendada para menores de 16 anos
Convidada: Ánxela Baltar (cantante e guitarrista do grupo BALA)
Perfil biográfico: Ánxela Baltar dedícase ao mundo da cultura e a música desde hai case 10 anos. Detrás dos escenarios con traballos de produción e comunicación, e encima deles como guitarrista e voz en BALA, con quen acaba de presentar o seu último disco 'Maleza' (Century Media, 2021).
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible