Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Visitas guiadas no Aquarium Finisterrae con motivo do Día dos Oceános

As visitas, que se ofrecerán ás persoas que visiten o Aquarium, realizaranse os días 8, 9 e 10 de xuño ás 17.30 horas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/06/2022 ata o 10/06/2022

Xa rematou

Horario:

Os días 8, 9 e 10 de xuño ás 17.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos e con ese motivo o Aquarium Finisterrae organiza unha actividade de visitas guiadas nas que se fará un percorrido polos módulos do centro dedicados aos mares.

A visita comezará na Oceanosfera, o proxector esférico dixital que recrea procesos a escala global, coa proxección de «Planeta azul», dedicado á auga.

A continuación farase unha parada no módulo dedicado á salinidade, lembrando que a maior parte da auga no noso planeta está nos océanos. Tamén se visitará o módulo das correntes mariñas, e o dedicado ás mareas.

Ademais, partindo de que o océano é unha parte indisoluble da historia e cultura da humanidade, abordarase o espazo «Historias dos mares», onde se contará a orixe dos nomes dos océanos e algunhas anécdotas curiosas.

A visita guiada finaliza nos tanques de gran volume de Maremagnum, onde o público asistente poderá identificar as principais especies que poboan as principais paisaxes submarinas da costa atlántica.

Tamén che pode interesar...

  • Semana Santa

    Programación Semana Santa

    Cando:

    Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Os Ratos de Lonxedetodo coas maletas indo de viaxe.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 31/03/2026 ata o 07/04/2026

    Require inscrición.

  • Móvil con un mapa

    Obradoiro de google maps

    Cando:

    Dende o 06/04/2026 ata o 07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 30/03/2026 ata o 13/04/2026

    Inscrición en liña

  • Os Ratos de Lonxedetodo lendo un conto a carón da lareira.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    08/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2026 ata o 08/04/2026

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión