Un ano máis, a Casa de Andalucía da Coruña presenta a súa gala de fin de curso.
Para público en xeral
23/05/2026
20:30 h.
Rógase puntualidade
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Este ano chega coa obra "Lorca e o flamenco".
O alumnado da Casa representará fragmentos da vida e a obra do escritor. Sobre o escenario, bailaores, bailaoras, músicos e cantaores mostrarán a relación de Lorca co mundo do flamenco, tan presente ao longo de toda a súa obra.

12/05/2026
Dende o 08/05/2026 ata o 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

13/05/2026

14/05/2026

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.

16/05/2026

16/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible