O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.
Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio
Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño
Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.
Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño
Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño
Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta específica de cada servizo.
A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. Formación de grupos de máximo 15 participantes, sempre en cumprimento das medidas que as organizacións responsables das actividades de lecer educativo xuvenil deberán implementar con carácter xeral, ademais de aplicar as prescritas polo Ministerio de Sanidade.
Terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.
Control e prevención da transmisión da COVID-19
Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade.
Sedes: Rede de Centros Cívicos Municipais
Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 9.00 a 14.30 con ampliación horaria.
Duración: 4 quendas de 15 días e 1 quenda de 9 días. Inicio o 1 de xullo e remate o 9 de setembro.
Custo: 26 € horario normal e 32 € horario ampliado.
Prazas: 2.625
Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos.
Sedes: Polideportivo de Labañou (combinado con saídas a espazos para actividades ao aire libre). Habilitarase transporte gratuíto con 6 paradas na cidade.
Horarios: de 9.00 a 14.00 h
Duración: 2 quendas de dúas semanas. Inicio o 6 de xullo e remate o 31 de xullo.
Custo: gratuítos
Prazas: 100
Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/ 2014 e mocidade de entre 12 e 17 anos. Non son necesarios coñecementos musicais.
Sede: Centro Ágora. Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria.
Duración: 2 quendas de 2 semanas de duración. Quenda 1 do 22 de xuño ao 3 de xullo e Quenda 2 do 17 ao 28 de agosto.
Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado.
Prazas: 60
Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016.
As e os destinatarios serán exclusivamente todos aqueles nenos e nenas que cumpran estas dúas condicións:
Que estean matriculadas/os en Ed. Infantil ou Ed. Primaria dos CEIP públicos do Concello da Coruña.
Que os seus proxenitores/as ou titores/as legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario escollido para participar no dito programa.
A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición baixo a premisa de que se cumpran as dúas condicións anteriormente mencionadas.
Sedes: CEIP Alborada, CEIP Curros Enríquez, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Manuel Murguía, CEIP Rosalía de Castro, CEIP San Pedro de Visma, CEIP Sanjurjo de Carricarte e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 8.30 a 15.30 con ampliación horaria e servizos de madrugadores e comedor. Duración: 6 semanas (de luns a venres, excepto festivos), divididas en 6 quendas dunha semana de duración. Inicio o 22 de xuño e remate o 31 de xullo.
Custo: 15 € horario normal de mañá ou de tarde e con servizos complementarios:
MADRUGADORES (sen almorzo): de 8.30 h a 10.00 h
Custo por participante e quenda: 10 € (sen almorzo) ou 15€ (con almorzo)
COMEDOR: desde as 14.00 ata as 15.30 h (poden saír desde as 15.00 h)
Custo: 20 €
Prazas: 2.430 prazas
Destinatarios: nenos e nenas nados/as entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade. E por primeira vez mocidade de entre 12 e 17 anos.
Sedes: Fórum Metropolitano e Centro Ágora
Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria
Duración: 5 quendas de 2 semanas de duración. Inicio o 22 de xuño e remate o 28 de agosto
Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado
Prazas: 1.350
Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos
Sedes: Domus e Aquarium Finisterrae
Modalidades:
As/os participantes deben acudir cada día ao centro que corresponda segundo a modalidade que lles fose asignada.
Horarios: de 10.00 a 14.30 h
Duración: 1 semana, en 5 quendas. Inicio o 22 de xuño e remate o 26 de xullo
Custo: 29,09 €
Prazas: 150
Destinatarias/os: nenas e nenos de 4 a 10 anos.
Sede: Centro Municipal de Emprego
Horarios: de 9.00 a 14.00 h. Duración: mes de xullo, repartidos en dúas quincenas do 1 ao 15 de xullo e do 17 ao 31 de xullo.
Custo: gratuíto
Prazas: 60
Campamentos deportivos municipais de verán ano 2020 (consultar bases e documentación na páxina web de Deportes Coruña )
Destinatarias/os: nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.
Sedes:
Horario:
Duración: dende o 29 de xuño ata 6 de setembro de 2020, un campamento por quincena (5 en total), cunha duración efectiva de 10 días hábiles cada un.
Custo: gratuito, a excepción dos servizos de madrugadores e comedor para o Campamento de Riazor.
Prazas: 700 prazas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible