Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campamento de mocidade_ Números do sorteo

Campamentos de verán para mozas e mozos de 12 a 17 anos

A quen vai dirixido?:

Mozas e mozos de 12 a 17 anos, empadroados na Coruña

Cando:

Dende o 06/07/2020 ata o 31/07/2020

Inscricións:

03/06/2020

Formulario de inscrición

Número de prazas:

100 (50 en cada quenda)

Hashtag:

#mocidadecoruña

Organizador:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo municipal de Mocidade

Contacto:

xuventude@coruna.es

Documentos:

2020 Campamentos Mocidade_folleto (139 KB)

Unha vez realizado o sorteo para os campamentos de verán para a Mocidade, realizado nas dependencias do Servizo Municipal de Participación, situado na r/ Castiñeiras, 23, os números resultantes do sorteo de cada un dos turnos

Turno 1

Nº resultante do sorteo: 75

Turno 2

Nº resultante do sorteo: 64

Seguindo coas datas marcadas no procedemento:

9 de xuño de 2020: Publicación das listas con praza adxudicada

  • Só será adxudicada unha quenda de campamento por persoa.
  • Habilitarase unha listaxe de agarda en cada unha das quendas para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien a ela.

Do 10 ao 12 de xuño 2020: confirmación de praza

As persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 13 de xuño a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda

A partir do 13 de xuño: chamadas as listas de espera no caso de vacantes

-------------------------

INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DA COVID-19

O Concello da Coruña seguirá en todo momento as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación coa realización de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial da COVID-19.

Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación así como condicións de participación nas actividades.

  1. PROTOCOLO DE ADECUACIÓN DAS ACTIVIDADES E INTALACIÓNS PARA EMPREGAR EN ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO XUVENIL CON MOTIVO DA COVID-19 Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas usuarias e traballadores/as no ámbito da educación non formal, establecerase un protocolo de actuación con medidas xerais e especificas a situacións concretas. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
  2. PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN EN CASO DE RISCO DE CONTAXIO OU DE CONTAXIO POSITIVO EN COVID-19. O campamento contemplará e avaliará o risco para cada tipo de situación que poida darse, a través dun protocolo de prevención e actuación ante COVID-19, coas consideracións para ter en conta en caso de risco de contaxio ou de contaxio positivo. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
  3. DOCUMENTO DE ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBRIGA DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO.

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal, a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.

INFORMACIÓN RELATIVA Á REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO SEGUNDO A SITUACIÓN DA COVID-19

A realización do campamento urbano xuvenil do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, este quedaría suspendido.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión