22 de julio de 2026
A cita, que forma parte da X Copa de España e do XXII Circuíto Galego de Augas Abertas, conta coa organización do Concello e o Club Natación Coruña
A cidade acollerá este sábado 25 de xullo, a partir das 11.00 horas, a 54ª edición da Travesía ao Dique, unha das citas máis emblemáticas do calendario deportivo coruñés. A proba, organizada polo Club Natación Coruña coa colaboración do Concello, contará coa participación de máis de 200 nadadores e nadadoras das categorías alevín, infantil, júnior, máster e absoluta.
O evento foi presentado esta mañá nun acto celebrado nos exteriores de Marina Coruña, nos peiraos do Náutico, no que participou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, acompañado por Raúl Solleiro, presidente do Club Natación Coruña; Ramón Mosquera, secretario xeral da Federación Galega de Natación; Marta Martínez, en representación de Blue Leaders e por Inmaculada Losada e Lucía Méndez, vicepresidenta e responsable de relacións públicas do Club Natación Coruña, respectivamente.
"O mar e o deporte son dous elementos imprescindibles para a identidade coruñesa. Por iso, no Goberno de Inés Rey apostamos por potenciar a nosa participación en eventos como a Travesía ao Dique. Porque nos sitúan nunha posición de referencia nacional e internacional. Sempre imos apostar polas grandes citas deportivas, que son xa un selo desta cidade", apuntou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
A proba conta tamén co apoio da Federación Española de Natación e da Federación Galega de Naración, ao ser puntuable tanto na X Copa de España de Augas Abertas coma no XXII Circuíto Galego de Augas Abertas.
A Travesía dará comezo ás 11.00 horas, con saída desde as instalacións de Marina Coruña, e desenvolverase na superficie de auga do porto interior. Están previstas tres quendas de saída:
Como en edicións anteriores, o percorrido adaptarase á idade e nivel das persoas participantes, garantindo a seguridade en todo momento grazas ao dispositivo coordinado por Bombeiros e o servizo marítimo da Cruz Vermella.
Ademais do Concello da Coruña, a Travesía conta co apoio de entidades como Blue Leaders, Softee, Deporte Galego e a Xunta de Galicia

21 de julio de 2026

21 de julio de 2026

20 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible