Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de octubre de 2025

A actividade ‘Durmindo con tiburóns’ volve ao Aquarium Finisterrae con dúas novas sesións entre outubro e novembro

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización desta iniciativa, orientada a nenas e nenos de 10 e 11 anos. O prazo de preinscrición abrirase este luns 6 de outubro

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización da actividade 'Durmindo con tiburóns', concibida para que nenas e nenos de 10 e 11 anos participen en obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns, ademais de durmir na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae rodeados de peixes. 

Convocaranse dúas sesións para os meses de outubro e novembro, dirixidas a rapazas e rapaces nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, e desenvolveranse nun horario que vai desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para as dúas sesións previstas, que terán lugar nas noites do 24 ao 25 de outubro e do 28 ao 29 de novembro, abrirase en liña ás 9.00 horas do vindeiro luns 6 de outubro, a través deste formulario.

Terán preferencia os nenos e nenas que non acudiron con anterioridade a esta actividade. O prezo da actividade é de 45 euros. No caso das nenas e nenos membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros.

Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión