Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de julio de 2026

A alcaldesa felicita ao alumando coruñés con mellores notas na PAU 2026

Inés Rey recibiu en María Pita a 18 estudantes de centros da cidade para destacar os seus excelentes resultados na proba de acceso á universidade

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá ao alumnado coruñés coas mellores notas na PAU 2026, nun encontro que estivo marcado polo recoñecemento ao esforzo e dedicación dos mozos e mozas que realizaron este ano a proba de acceso á universidade: "Este acto non pretende celebrar só unha nota. Pretende recoñecer todo o camiño que vos trouxo ata aquí. Porque detrás de cada cualificación hai moitas horas de estudo, exames, traballos, nervios, ilusións e tamén renuncias. Hai tardes nas bibliotecas, fins de semana preparando probas e unha vontade constante de superación", apuntou Inés Rey na súa intervención. 

A alcaldesa tamén tivo palabras para as persoas que acompañan o alumnado nesta etapa tan determinante da súa traxectoria educativa. "Este recoñecemento tamén lle pertence ás persoas que vos acompañaron nese camiño. Ás familias, que estiveron ao voso carón nos momentos de dúbida e tamén nos de alegría. E ao profesorado, que non só vos transmitiu coñecementos, senón que vos ensinou a pensar, a preguntar e a descubrir capacidades que ás veces nin vós mesmos sabiades que tiñades", engadiu a alcaldesa.

Na cita tamén estiveron presentes o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego; a vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da UDC, María José Lombardía Cortiña; o alumnado dos centros da cidade que obtiveron as 18 mellores notas de acceso a universidade no ano 2026 e representantes dos centros educativos onde cursaron os estudos os homenaxeados e a familia e convidados do alumnado recoñecido.

Os 18 alumnos cos mellores expedientes (algúns non puideron asistir á recepción) foron, por esta orde:

  • Lara Castelo Gómez, do IES Sardiñeira

  • Romeu Tembrás Sánchez, do IES Salvador de Madariaga

  • Olga García Mosquera, do CPR Montespiño

  • Carolina Varela Nieto, do CPR Santa María del Ma

  • Javier Rubín Santamarina, do CPR Sagrado Corazón

  • Inés Cancela Sánchez, do CPR Liceo La Paz

  • Antonella Elena Poth Lezama, do IES Elviña

  • Pablo Carpente Carpente, do IES Eusebio da Guarda 

  • Roi Edreira Leis, do CPR Fogar de Santa Margarida

  • Inés Ulloa Moreno, do CPR Santa María del Mar

  • Carmen Pérez Rodríguez, do CPR Fogar de Santa Margarida

  • Plácido Mayán Monelos, do CPR Santo Domingo

  • Hugo Rodríguez Prieto, do IES Eusebio da Guarda

  • Alba García Rodríguez, do CPR Esclavas Sagrado Corazón de Jesús

  • Sofía Franco Martínez, do CPR Calasanz- Pp Escolapios

  • Martín Seoane Gamborino, do CPR Santa María del Mar

  • Carmela Taboada Rodríguez, do IES Monte das Moas

  • Fátima Bermúdez Carretero, do IES Eusebio da Guarda

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión