Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de junio de 2022

A ampliación de capital de EMVSA permitirá reforzar as políticas de vivenda e abrir o complexo deportivo do Castrillón

A xunta xeral de accionistas da Empresa Municipal de Vivenda consumará mañá mércores o incremento do seu capital en 830.000 euros, cumprindo un dos acordos orzamentarios asinados polo goberno local e a Marea Atlántica

A  Xunta Xeral de Accionistas de EMVSA aprobará mañá a ampliación de capital necesaria para reforzar as políticas de vivenda no seo desta empresa municipal. Este reforzamento da compañía, cun total de 830.000 euros, forma parte do acordo do goberno local coa Marea Atlántica polo dereito á vivenda. 

A ampliación de capital permitirá incrementar nun 30% a bolsa de aluguer da Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), aumentando o número de persoas beneficiarias e o seu alcance. Tal e como figura no pacto asinado en decembro, esta bolsa estenderá o seu alcance alén das persoas en situación de extrema vulnerabilidade, con especial atención á mocidade e as persoas maiores. 

Ademais a ampliación do capital que se aprobará mañá, permitirá abordar a compra de material e a contratación de persoal necesaria para a apertura do complexo deportivo do Castrillón de forma que se poña poñer o antes posible a disposición dos veciños, ao estar as obras prácticamente rematadas.  

O goberno local considera moi positivo que esta ampliación de capital vaia a permitir abrir una infraestrutura longamente demandada polos veciños e reitera a súa vontade de seguir dando cumprimento aos acordos orzamentarios acadados coa Marea Atlántica.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión