27 de abril de 2026
A cidade consolida a súa posición como enclave privilexiado para a práctica de deportes no mar e a organización de grandes eventos deportivos
A baía coruñesa converterase por primeira vez no escenario do Campionato de España de Windsurfer, unha cita deportiva de primeiro nivel organizada polo Club Náutico da Coruña que reunirá na cidade a arredor de 60 regatistas procedentes de distintos puntos do país, así como de Francia, Italia, Portugal e Australia.
A competición desenvolverase entre os días 1 e 3 de maio e contará cun total de nove probas, incluíndo unha de longa distancia que percorrerá a totalidade da ría. O evento estruturarase en dous campos de regata, un deles situado na zona de Bastiagueiro para as probas curtas, o que permitirá tamén o seguimento desde terra por parte da cidadanía.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou a importancia de acoller este tipo de eventos na cidade e destacou que "este campionato é unha mostra máis do potencial da Coruña para albergar competicións deportivas de primeiro nivel, aproveitando un entorno natural único como é a nosa baía". Ademais, sinalou que "seguimos a traballar para impulsar o deporte e posicionar a cidade como referente tamén no ámbito náutico".
A cita contará coa presenza de deportistas destacados como o actual campión nacional, Joan Roig, así como Pilar Prieto e Eduardo Navarro, entre outros participantes de relevancia. Ademais, haberá unha ampla representación galega, con sete regatistas do club organizador .
Desde o Goberno municipal ponse en valor a celebración deste tipo de competicións, que contribúen a dinamizar a actividade deportiva e económica da cidade, ao tempo que proxectan a imaxe da Coruña como unha cidade aberta ao mar, activa e preparada para acoller eventos de ámbito estatal e internacional.
A entrega de premios terá lugar o día 3 de maio, poñendo o broche final a tres xornadas nas que a baía coruñesa se converterá no epicentro do windsurf estatal.

25 de abril de 2026

24 de abril de 2026

21 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible