27 de marzo de 2025
O Concello dá continuidade á programación cultural no Teatro Colón cunha nova actuación da Banda, que evocará a figura de Richard Strauss co gallo do 200.º aniversario do seu nacemento
A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) inicia esta fin de semana a súa tempada de concertos do Ciclo de Primavera, que arrincará cunha actuación de carácter temático na que a programación estará centrada, moi especificamente, en obras musicais inspiradas nesta estación. A programación da Banda súmase ao amplo abano da oferta musical deseñada polo Goberno de Inés Rey para todos os públicos.
Haberá tempo para gozar con pezas de compositores como o estadounidense Alfred Reed e tamén para evocar figuras como a de Richard Strauss, coincidindo co 200.º aniversario do seu nacemento. Strauss será o gran protagonista da segunda parte do concerto, cando se interpretará o seu valse 'Voces de primavera'.
A actuación contará, ademais, cunha convidada especial: a soprano galega Patricia Rodríguez, que xa acompañou a Banda no concerto conmemorativo dos cen anos de vida da zarzuela galega 'A lenda de Montelongo', realizado a finais do ano pasado no Palacio da Ópera. "Aquela actuación foi un éxito e confiamos en que así volverá ser nesta ocasión, cunha programación diferente e festiva que contará cunha atractiva selección de obras", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Neste sentido, o director titular da Banda, Juan Miguel Romero Llopis, convidou a cidadanía a asistir ao concerto deste domingo 30, que terá lugar no Teatro Colón (12.15 horas) nunha sesión que será de acceso libre ata completar a capacidade prevista. "Estamos nun momento doce, vendo unha magnífica resposta da Coruña ás nosas convocatorias, como foi visible na 'Sinfonietta Flamenca' da semana pasada no Ágora, e o obxectivo é seguir nesta liña", apuntou Llopis, que avanzou que a actuación deste domingo no Colón "terá sorpresas que lle gustarán ao público".

18 de enero de 2026

16 de enero de 2026

16 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible