25 de abril de 2022
O 4 de maio haberá un novo encontro con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa do ano 2021
O Festival Primaletras continúa coas actividades en conmemoración do Día do Libro, que comezaron o pasado venres 22 co Batallón literario de Nelson Quinteiro polas rúas da cidade. Con motivo do Día do Libro, o Festival Primaletras ten previstos dous encontros literarios abertos á cidadanía en colaboración cos Clubs de Lectura "Café con Libros" das Bibliotecas Municipais. O primeiro deles celebrarase mañá, martes 26 de abril ás 18.30 h na biblioteca dos Rosales, onde a escritora coruñesa Bibiana Candia terá unha charla aberta para falar da súa experiencia profesional no mundo literario.
A escritora, con formación e traxectoria xornalística, foi galardoada o pasado ano 2021 co Premio de Xornalismo Julio Camba polo seu artigo «Una legión de señoras en bata», un homenaxe ás nais e avoas cuxo labor permaneceu invisibilizado durante moitos anos. Candia ten, ademais, dous poemarios publicados: "La rueda del hámster" e "Las trapecistas no tenemos novio", un libro de relatos chamado "El pie de Kafka" e o volume "Fe de erratas", un relato metaliterario no que a personaxe principal atópase engaiolada no manuscrito dun escritor. Ademais, Bibiana Candia é colaboradora habitual de medios dixitais como Jot Down ou The Objetive, onde publica artigos de opinión como o galardoado co premio Julio Camba.
A súa primeira novela "Azucre" (2021) escolleuse como unha das obras de lectura do club "Café con Libros" polo que a charla xirará arredor da novela, para compartir e coñecer opinións sobre ela, así como do proceso creativo da súa escrita. A entrada á charla é de balde e aberta eta completar capacidade. Toda a información pode consultarse na seguinte ligazón.
Encontro literario con Xesús Fraga no Ágora
O segundo dos encontros literarios será co escritor Xesús Fraga, acto central da Celebración do Día do Libro. O escritor foi galardoado o pasado ano 2021 co Premio Nacional de Narrativa pola súa obra "Virtudes (e misterios)", lida polos clubs de lectura da rede de Bibliotecas Municipais.
O escritor é licenciado en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca e desenvolveu a súa carreira como redactor de La Voz de Galicia desde o ano 1997. No eido literario, cultivou diversos xéneros, desde a narrativa infantil e xuvenil ata narrativa para adultos, sendo recoñecido con importantes galardóns como o Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil no ano 2013 por "Reo" ou co xa citado Premio Nacional de Narrativa o pasado ano 2021. "Virtudes (e misterios)" (2021), tamén galardoada co Premio da Crítica de Galicia, será o eixe principal do acto organizado no marco do Festival Primaletras, onde falará do proceso de escritura da súa obra e tamén sobre a súa experiencia profesional como escritor. Xesús Fraga estará acompañado da escritora Antía Yañez e Luisa Lis, bibliotecaria do Fórum, así como de Lorena Gómez que moderará o as intervencións dos tres relatores.
O acto celebrarase na biblioteca do centro sociocultural do Ágora o vindeiro mércores 4 de abril, ás 18.30 h. A entrada será de balde ata completar capacidade. Pode consultarse máis información na web das Bibliotecas Municipais ou no programa do Primaletras, dispoñible na seguinte ligazón.

13 de diciembre de 2025

12 de noviembre de 2025

5 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible