Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de mayo de 2026

A biblioteca municipal dos Rosales reabrirá o 4 de maio tras as obras de mellora

O Concello investiu 313.172 euros no proxecto de remodelación das instalacións do centro cívico, que aínda están en marcha

O próximo 4 de maio reabrirá ao público a biblioteca municipal de Os Rosales, dentro do edificio do Centro Cívico. O edificio encóntrase aínda en obras polo proxecto de reforma incluído dentro da primeira fase do Plan de Renovación da Rede de Centros Cívicos Municipais. A actuación completa supón un investimento de 313.172,96 euros, e os traballos inclúen a substitución da cuberta deteriorada, a instalación dun novo sistema impermeable, a creación dunha rede de recollida de augas pluviais e a reposición dos acabados exteriores e das varandas de protección. 

A pesar das actuacións, o Centro Cívico seguiu funcionando durante estes meses. Non obstante, o espazo da biblioteca tivo que cerrarse para solventar os problemas de filtracións e outras cuestións na infraestrutura. A reapertura deste sector do servizo cultural suporá a continuación de todos os servizos bibliotecarios, aínda que durante as obras, o persoal mantivo en marcha algunhas das funcións (clubs de lectura, préstamo de libros...). 

Esta obra forma parte dun plan municipal máis amplo, promovido polo Goberno de Inés Rey, que inclúe reformas nos centros de Labañou, San Diego e o Castrillón, cun investimento total de 1,58 millóns de euros. O obxectivo é actualizar unhas instalacións que levan décadas ao servizo da veciñanza e convertelas en espazos máis confortables, accesibles e eficientes desde o punto de vista enerxético.

"Tanto as bibliotecas como os centros cívicos son espazos fundamentais para consolidar a democracia posto que permiten exercer o dereito constitucional da cidadanía de acceso á información, posibilitan a xeración de coñecemento, ao permitir o intercambio de experiencias, e propician a creación de comunidade con entidade propia. Por iso desde o Goberno decidimos investir na mellora das instalacións", subliñou a alcaldesa Inés Rey.

Nos últimos anos, o Goberno municipal tamén promoveu outras melloras no barrio, como a construción da primeira pista multideporte dos Rosales, dentro da estratexia de reforzo das dotacións públicas nos distritos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión