27 de noviembre de 2023
A concelleira Yoya Neira presentou o encontro, que reunirá no Parrote a entidades vinculadas á defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional de toda Galicia
A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá no Palacio de María Pita a oitava edición de 'Baixo o mesmo paraugas', o evento que reunirá a entidades sociais na defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional de toda Galicia o vindeiro domingo 3 de decembro ás 12.00 horas na explanada do Parrote. A concelleira estivo acompañada por Ricardo Iglesias, xerente de ASPACE, en representación das 33 entidades que participarán neste acto festivo e reivindicativo.
"É o oitavo ano que levamos a cabo esta paraugada e, aínda que avanzamos en moitos aspectos, os dous principais problemas das persoas con discapacidade seguen sendo os mesmos: a escolarización dos/as menores e o emprego", sinalou Neira. A concelleira subliñou a necesidade de que as e os menores con diversidade funcional teñan á súa disposición nos centros escolares non só profesorado específico que atenda a súa formación académica, senón tamén persoal que atenda outras necesidades como os cambios de roupa, o comedor ou outras circunstancias, e reclamoulle máis medios á Xunta de Galicia como Administración competente.
Con respecto ao emprego, Neira subliñou o compromiso do Goberno que dirixe Inés Rey coa empregabilidade das persoas con discapacidade a través de distintos convenios con entidades da cidade e dos que saíron experiencias tan positivas como o Quiosco Down ou os Cabaliños de Méndez Núñez. "O valor destes proxectos vai máis aló de conseguir empregos para o colectivo de persoas con diversidade funcional, é tamén unha aposta pola visibilización destas persoas en traballos cara ao público e de gran repercusión na cidade", dixo.
Pola súa banda, o xerente de Aspace animou a toda a cidadanía a sumarse ao acto do próximo domingo e a participar tamén a través das redes sociais enviando un vídeo cun paraugas e unha mensaxe de apoio ás persoas con discapacidade.
Listaxe de entidades que participarán o domingo:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible