Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de julio de 2022

A Casa Museo María Pita acolle a exposición “A música precisa imaxes”, de Rebeca Losada

A artista impartirá dous obradoiros gratuítos na Casa Museo Casares Quiroga orientados ao público mozo

A Casa Museo María Pita abre as súas portas á artista Rebeca Losada, que presentará a súa obra na exposición "A música precisa imaxes". A mostra forma parte da quinta edición do ciclo "Elas son artistas" impulsado polo concello co obxectivo de visibilizar a cultura creada por mulleres en diversas disciplinas artísticas: música, teatro, pintura, poesía e humor, entre outras.

Rebeca Losada é unha das artistas máis recoñecidas do momento pola súa relación entre a arte gráfica e a música, que a levou a ser a creadora de numerosos carteis para artistas como Xoel López, Combo Miramundo ou Batmacumba. Rebeca Losada é ademais a deseñadora da imaxe das Festas de María Pita deste ano 2022, amosando o compromiso do Goberno local por visibilizar o traballo do sector cultural e das artistas noveis. "A música precisa imaxes" recolle parte deste traballo de cartelaría realizado pola artista, xunto con outras obras nas que Losada amosa a súa vinculación coa música creando una sinerxía interartística na que o oído fica plasmado en imaxe. A mostra estará aberta ao público ata o 4 de setembro na Casa Museo María Pita, con entrada de balde ata completar capacidade, achegando a obra de Rebeca Losada á cidadanía nunha aposta polas Casas Museo como espazos de divulgación histórica e cultural.

Durante as tardes de hoxe e mañá, a artista impartirá un obradoiro gratuíto sobre a creación de imaxes para eventos artísticos, orientado a mozos e mozas maiores de 16 anos que desexen achegarse ou iniciarse no mundo da arte. Este terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga, en horario de 17.30 a 19.30 h, seguindo coa posta en valor das Casas Museo como espazos de divulgación, especialmente para o público máis mozo. As prazas son limitadas e precísase inscrición previa no correo elassonartistas@gmail.com.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión