4 de diciembre de 2025
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou na apertura e destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey na busca de avances na xestión da auga e no coidado do medio
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, inaugurou hoxe xunto ao reitor da UDC, Ricardo Cao; o director de Augas de Galicia, Roi Fernández e a subdirectora do Centro Interdisciplinar de Química e Biología da UDC, María Isabel González, a xornada Inawa sobre investigación e desenvolvemento para a auga, o ambiente e as persoas.
Esta xornada supón unha nova etapa da cátedra Emalcsa-UDC, unha colaboración entre dúas institucións públicas que se remonta a 2017 e que dedica o seu traballo á investigación sobre a xestión e a calidade da auga que usamos os veciños e veciñas da Coruña. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos decididamente pola colaboración entre institucións co obxectivo de promover iniciativas e acadar logros que repercutan na cidadanía", indicou Neira.
Neira destacou o respaldo do Concello, como accionista de Emalcsa, "a esta colaboración que converte á UDC no mellor aliado para avanzar en solucións de vangarda na xestión da auga que sirvan para mellorar a prestación o servizo aos cidadáns e, por tanto, aumentar o seu benestar". A Cátedra Emalcsa-UDC supón para a Universidade da Coruña un referente de colaboración entre a academia, concello e a empresa, "sempre ao servizo da sociedade e do medio ambiente", como subliñou o reitor, Ricardo Cao na inauguración da xornada.

12 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible