Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de abril de 2025

A Cidade das TIC, en Pedralonga, contará con dous novos estudios audiovisuais

Ademais, mañá terá lugar a sesión constitutiva do Consello de Administración da sociedade xestora da Cidade das TIC

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o permiso municipal para construír dous novos edificios, dedicados a estudios audiovisuais, na Cidade das TIC. Os novos estudios, promovidos por Pedralonga Audiovisual, súmanse ao estudio inmersivo xa existente. Ocuparán dúas parcelas que suman 6.640 metros cadrados, contan cun orzamento de execución conxunto de 4,1 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses.

"Estas actuacións reforzan o carácter da Cidade das TIC como polo estratéxico nos sectores do audiovisual e das novas tecnoloxías. Confirma o interese que está a espertar no sector un espazo que xa é referente en Galicia, e que o será aínda máis nun futuro, da man do rico tecido empresarial tecnolóxico existente na Coruña e na súa área, e tamén de organismos como a AESIA, en funcionamento xa na nosa cidade grazas ás xestións levadas a cabo por Inés Rey diante do Goberno de España", destacou José Manuel Lage., voceiro do Goberno municipal.

Neste sentido, a Cidade das TIC vivirá mañá a sesión constitutiva do Consello de Administración da súa sociedade xestora, conformada polo Concello e a Universidade da Coruña co obxectivo de dinamizar e marcar a folla de ruta para impulsar as instalacións de Pedralonga e de abrir camiño a emprendedores, sinerxías empresariais e iniciativas en materia de investigación.

Tal e como explicou hoxe Lage en rolda de prensa, o reitor da UDC, Ricardo Cao, presidirá o Consello de Administración ao longo deste ano, e será a partir do 1 de xaneiro de 2026 cando collerá o seu testigo a alcaldesa, Inés Rey.

193 expedientes urbanísticos tramitados na última quincena

Dentro do apartado de licenzas, nesta Xunta de Goberno Local concedéronse un total de 193, das que 14 foron licenzas urbanísticas, 101 obras en réxime de comunicación previa, 47 licenzas de apertura tamén en comunicación previa e 18 permisos de apertura por declaración responsable.

Entre os expedientes tramitados, destaca, pola súa contía, a licenza concedida para acometer a mellora da envolvente e a substitución da cuberta dun conxunto de bloques residenciais na avenida do Ferrocarril, cun investimento total de 1,9 millóns de euros.

Ademais, tamén en materia de urbanismo, hoxe aprobouse a declaración de ruína de dúas construcións situadas no lugar de Cabana, en Someso, "e que nos últimos tempos se transformaran en potenciais focos de insalubridade. Actuamos de xeito decidido, como se fixera antes noutros puntos da cidade, como o lugar de San Xosé, para lle pór fin a esa situación", explicou José Manuel Lage.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión