Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de diciembre de 2018

A comisión permanente do Consello Local da Saúde denuncia a "situación alarmante" na que se atopa a atención primaria na cidade

A edil Silvia Cameán avanza que este órgano sectorial de participación acordou levar ao seu seguinte plenario unha declaración institucional para que o Concello traslade á Xunta “a necesidade de reverter a situación e garantir investimento suficiente na atención de proximidade”

O Pazo de María Pita acolleu esta xornada unha nova xuntanza da comisión permanente do Consello Local da Saúde, órgano sectorial de participación creado o pasado mes de outubro co obxectivo de xerar un novo espazo de debate conformado por distintos axentes vinculados ao ámbito da saúde na cidade para poñer en marcha accións que melloren a calidade de vida da veciñanza. Na sesión desta mañá, a comisión permanente do órgano aprobou levar ao seguinte plenario do Consello, previsto para o vindeiro mes de xaneiro, unha proposta de declaración institucional para "amosar a súa preocupación pola situación alarmante que presenta a atención primaria na Coruña, froito da política de recortes e falta de investimento desde a administración autonómica", segundo explica a edil de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán. Así, na vindeira sesión do Consello Local de Saúde, que está conformado por asociacións, federacións, facultades e colexios oficiais do ámbito socio-sanitario, ademais de polo goberno local e o resto de grupos que forman parte da Corporación municipal, proporase a aprobación dun texto que, no caso de contar co apoio dos membros, se levará ao Pleno do Concello da Coruña, para que a administración local inste á Xunta de Galicia "a reverter a situación e dotar do investimento necesario e suficiente para garantir un correcto desenvolvemento da atención primaria na cidade, que revirte, directamente, na saúde e benestar da veciñanza", apunta Cameán.

"Tanto as entidades socio-sanitarias como o goberno local levamos meses advertindo sobre o estado no que se atopa un servizo fundamental como é o dos centros de atención primaria pola falta de compromiso co gasto sanitario na cidade da Xunta, cuxa partida para este 2018 foi mínima. Somos conscientes do nulo compromiso do goberno de Feijóo coa Coruña, pero a falta de investimento por cuestións de desexo de bloqueo da acción política non debe nin pode afectar á saúde da cidadanía, como está a acontecer en toda Galicia pola súa xestión deficiente", advirte a concelleira de Xustiza Social e Coidados, quen lembra que xa o pasado mes de setembro o executivo municipal levou a Pleno unha moción para que a Consellería de Sanidade mantivese persoal suficiente nos Puntos de Atención Continuada (PAC) na Coruña, "de cara á garantir unha atención sanitaria de calidade".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión