19 de enero de 2024
O Fogar de Paca Tricio, xestionado pola Fundación 26 de Decembro, será un espazo residencial aberto á diversidade e á inclusión
A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira, visitou xunto ao director xeral para a Igualdade Real e Efectiva do Ministerio de Igualdade, Julio del Valle de Íscar, o espazo residencial para persoas maiores LGTBIQ+ que xestiona a Fundación 26 de Decembro na Coruña. O inmoble, situado no barrio dos Rosales, acollerá a persoas maiores, preferentemente LGTBI, en risco de exclusión social.
A concelleira sinalou que o piso supón "unha aposta polas novas formas de atención ás persoas maiores, na liña das experiencias das vivendas deste estilo que se están levando a cabo en todo o mundo, que pretende que as usuarias estean atendidas, á vez que viven en comunidade e gozan de autonomía". "É un proxecto inclusivo e sen etiquetas, aberto ao colectivo LGTBI pero tamén a outras persoas, e que supón unha iniciativa pioneira nunha cidade sempre comprometida coa igualdade e a diversidade, un compromiso compartido polo Goberno de Inés Rey", explicou Neira.
A concelleira e o director xeral visitaron o piso, con capacidade para acoller 12 persoas, acompañados por representantes da Fundación 26 de Decembro. O nome do espazo residencial é unha homenaxe a Dona Paca Tricio, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España (UDP), que sempre defendeu a creación de espazos diversos e inclusivos, e promoveu a xestión do inmoble pola Fundación 26 de Decembro.
Lucinda Rey, representante da Fundación 26 de Decembro, sinalou que a entidade "traballa con persoas maiores, a partir de 50 anos, preferentemente LGTBIQ+". "Moitas das persoas ás que atende a entidade víronse abocadas á soidade non desexada por desprezo familiar, rexeitamento dos seus espazos de socialización e discriminación nas súas contornas laborais por mor da súa opción sexual", engadiu.
17 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible