Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de febrero de 2016

A concelleira de Medio Ambiente participa nunha xuntanza en Oviedo para analizar alternativas na xestión de recollida “que melloren a separación e reciclaxe dos residuos”

María García mantivo unha xuntanza de traballo co responsable do servizo de Recollida e Limpeza Viaria do municipio asturiano, así como se reuniu co seu homólogo nese concello

A concelleira de Medio Ambiente, María García, reuniuse esta xornada coa titular de Infraestruturas e Servizos Básicos do Ayuntamiento de Oviedo, Ana Rivas, así como co responsable do servizo de Recollida e Limpeza Viaría do municipio, Santiago Gómez Alonso, con quen participou nunha xornada de traballlo. Con estas xuntanzas, a responsable municipal afonda no proceso que está a levar a cabo o Concello coruñés de recabar datos de cara a redacción do futuro prego de contratación do servizo de recollida de lixo. “Cos encontros desta xornada, igual que co que levamos a cabo hai uns días en Barcelona, damos un paso máis no proceso de análise e investigación das diferentes alternativas para a xestión da recollida de lixo, na busca daquela que poida ser a máis acaída para a nosa cidade”, indica a edil.

García indicou que a pretensión do Goberno local é que o proceso de recollida de lixo na cidade “axude, dende a súa xestión, a mellorar a separación e a reciclaxe dos residuos de cara a súa posterior recuperación”. Así, a concelleira recordou un dos obxectivos da súa área de Goberno, que é acadar a Estratexia de Residuos Cero.

A concelleira de Medio Ambiente destacou a importancia de analizar o modelo seguido por Oviedo, cidade cun tamaño similar ao da Coruña pero cunha densidade de poboación moito menor. “Estudamos distintas posibilidades, en especial en determinadas zonas peonís da nosa cidade onde é complicado, por exemplo, o acceso de camións para a recollida do lixo, e onde se dan numerosas queixas veciñais”, indicou.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión