11 de septiembre de 2015
Silvia Caméan explica que os máis de 84.000 euros que quedan na aplicación orzamentaria destinada a mantemento, tan só se poden destinar “a obras de certa envergadura que superen os 3.000 euros, co que o anterior Goberno deixou ao Concello sen cartos para atender as reparacións máis demandadas polos colexios, como cristais rotos, billas ou portas”
Cameán comenta que na aplicación orzamentaria relativa á reparación, mantemento e conservación de edificios e outras construcións queda, na actualidade, unha cantidade dispoñible de 84.446 euros. “Con eses cartos poderíanse atender novas reparacións, pero esa partida só se pode destinar a obras de certa envergadura que superen os 3.000 euros”, indica a concelleira. “Isto, unido ás actuacións do anterior Goberno, que dilapidou antes das eleccións a partida destinada a cubrir as reparacións máis habituais, fai que o Concello teña moitos problemas para actuar nos pequenos arranxos que solicitan os centros educativos”, engade.
Malia todo, Cameán indica que o Concello, e en concreto o departamento de Xustiza Social e Coidados, “está a facer todo o posible para atopar unha solución a esta situación, herdada da anterior etapa de Goberno”. A concelleira explica que “este asunto xa se tratou con intervención, contratación e asesoría xurídica, e estamos tratando de buscar unha solución para poder afrontar o mantemento de aquí a que finalice o ano”.
A concelleira de Xustiza Social recorda que entre xaneiro e xuño deste ano, o anterior Goberno do PP gastou, mediante contrato, no mantemento de centros un total de 252.658,64 euros, “case o 100.000 euros máis que en 2014, cando non era ano electoral, e a cifra ascendeu a 156.100,26 euros”, indicou.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible