Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de mayo de 2019

A Concellería de Xustiza Social ofrecerá no mes de xuño novas edicións dos programas de conciliación Cóxegas e Campacole

As iniciativas, organizadas en colaboración coa Federación de ANPA da cidade, abren este mes o prazo de inscrición

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre esta semana o prazo de inscrición nunha nova edición no programa Cóxegas, iniciativa posta en marcha no anos 2016 en colaboración coa Federación de ANPA da Coruña co obxectivo de ofrecer unha solución ás demandas de conciliación das familias da cidade. A proposta, destinada ao alumnado de centros públicos de educación infantil e primaria, ofrece unha programación lúdico-educativa nos colexios durante os períodos lectivos nos que non se celebren actividades extraescolares, como é o caso dos meses de xuño e setembro. Así, a nova edición de Cóxegas, na que participaron máis de 600 rapaces no curso anterior, desenvolverase entre os días 3 e 21 de xuño, de luns a venres en horario de 16.00 a 18.00 horas, nos distintos centros educativos da cidade. O prazo de inscrición está aberto até o 16 de maio e pódese realizar a través da ANPA de cada colexio. O custo é de 15 euros por participante.

Este mes de maio tamén abrirá o prazo de inscrición o Campacole 2019, unha proposta que o Concello tamén desenvolve da man da Federación de ANPA e que, baixo o formato de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ --con ou sen almorzo--​ e comedor. Este programa estival de recreación desenvolverase desde o martes 25 de xuño até o venres 26 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres. Tal e como é habitual, o Campacole distribuirase en 5 quendas semanais con temáticas diferentes, comezando a primeira o propio 25 de xuño e a última o 22 de xullo.

O prazo de inscrición no Campacole estará aberto do 21 ao 24 de maio e deberase tramitar a través da Federación de ANPA. O prezo por quenda é de 15 euros por participante e, no caso de querer acceder aos servizos complementarios, como o de madrugadores --que amplía o horario da actividade de 08.00 a 10.00 horas--, aboaranse outros 10 euros, --ou 15 euros no caso de contar con almorzo--. O servizo de comedor, que se establecerá entre as 14.00 e as 15.30 horas, terá un suplemento de 20 euros por quenda.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión