14 de abril de 2026
O ciclista danés impúxose nunha etapa inaugural moi rápida, cunha media superior aos 50 km/h, nun percorrido urbano pola contorna da Torre de Hércules
A cidade da Coruña acolleu hoxe a saída de O Gran Camiño 2026 cunha contrarreloxo individual na contorna da Torre de Hércules e o paseo marítimo, nunha xornada que situou á cidade no foco do ciclismo internacional.
A alcaldesa, Inés Rey, participou no inicio da proba co corte de cinta e puxo en valor a celebración do evento na cidade: "A Coruña volve demostrar a súa capacidade para acoller grandes citas deportivas e proxectarse ao exterior cun escenario único".
A etapa inaugural, cun percorrido de 15 quilómetros integramente urbano, estivo marcada pola elevada competitividade e o alto nivel dos equipos participantes, nunha xornada na que o máximo favorito, Iván Romeo, sufriu un pinchazo no Portiño que fixo imposible a súa loita pola etapa.
O ciclista danés Julius Johansen (UAE Team Emirates XRG) proclamouse vencedor da contrarreloxo cun tempo de 17:43, tras unha actuación moi sólida que lle permitiu liderar a xeral desde a primeira xornada. A segunda posición foi para Rafael Reis (Anicolor/Campicarn), a 16 segundos, mentres que Nelson Oliveira (Movistar Team) completou o podio a 17 segundos.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios ao remate da etapa, celebrada na contorna da Torre de Hércules. A competición continuará mañá coa segunda etapa, que levará ao pelotón desde a provincia de Lugo ata a costa da Mariña.

13 de abril de 2026

13 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible