29 de maio de 2026
Este punto de encontro para profesionais celébrase en PALEXCO ata este sábado
As instalacións de PALEXCO acolleron esta mañá a sesión inaugural da 30ª edición do Congreso da Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (SOGACOT). Un punto de encontro para profesionais do sector que volve á cidade grazas ao servizo de Traumatoloxía do CHUAC en colaboración co Concello da Coruña.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acudiu ao acto inaugural agradecendo ós organizadores que elixiran unha cidade coma A Coruña para estas xornadas. 'Somos unha cidade aberta ao mar, aberta ao intercambio cultural e tamén aberta ao intercambio de coñecemento, estando á cabeza da investigación científica e da innovación'. O edil estivo acompañado polo presidente de SOGACOT, Manuel Castro; Alberto A. Jorge Mora, un dos presidentes do comité organizador e Luis Verde Remeseiro, director xerente do CHUAC.
A programación arrincou este xoves con obradoiros para médicos residentes, aínda que tanto este venres como mañá o congreso contará con varias mesas redondas, sesións de comunicación oral e pósteres. Entre os principais temas que se abordarán nas xornadas atópanse as patoloxías complexas como fracturas de cadeira ou nocello ou tamén patoloxías específicas de ombros e xeonllos, así como a importancia dunha boa execución técnica para evitar erros. As novas tecnoloxías tamén terán o seu espazo neste evento con sesións sobre o impacto da cirurxía robótica, a impresión 3D ou a intelixencia artificial aplicada á especialidade.
2ª Xornada con Enfermería de COT
Un aspecto relevante nesta 30ª edición da SOCAGOT é a celebración da 2ª Xornada con Enfermería de Cirurxía de Ortopedia e Traumatoloxía -COT- ao ser fundamental unha boa interacción e comunicación entre todo o persoal. Así, compartiranse temas de interese conxunto co foco no manexo integral do paciente en todas as fases así como aspectos de xestión e innovación en enfermería de COT.

27 de maio de 2026

22 de maio de 2026

18 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible