Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de noviembre de 2023

A Coruña acollerá este domingo unha nova edición do Trofeo Teresa Herrera de Judo

A competición forma parte do sector oeste do Campionato de España Absoluto 2023 e celebrarase no polideportivo do Barrio das Flores

O Concello da Coruña organiza, xunto coa Federación Galega de Judo, a edición número XXV do Trofeo Teresa Herrera de Judo. A competición celebrarase este domingo, 12 de novembro, no polideportivo municipal do Barrio das Flores. O Goberno de Inés Rey continúa a afianzar a súa aposta polo deporte e polas competicións autonómicas e nacionais de máximo nivel, tendo o judo un gran protagonismo en diferentes eventos nos que colabora o Concello ao longo do ano.

No torneo deste domingo participarán un cento de judokas representando ás comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. A competición comezará ás 9.30 horas e as finais están previstas para as 12.00 horas. O Teresa Herrera de Judo forma parte do sector oeste do Campionato de España Absoluto 2023.

Galicia é unha das federación favoritas para obter un maior número de prazas na fase final nacional, que se celebrará o 2 de decembro en Pamplona. Trátase da comunidade con maior representación, coa participación de 32 homes e 21 mulleres. O equipo galego, ademais, conta con 11 deportistas disputando o circuíto internacional e que están clasificados directos para a fase final.

Á competición poderase asistir de maneira gratuíta ata completar capacidade. Ademais, o campionato será retransmitido en directo pola canle de YouTube da Federación Galega de Judo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión