12 de mayo de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na lectura dun manifesto na praza de María Pita, acto convocado polas entidades sociais
A praza de María Pita acolleu esta mañá a lectura dun manifesto co gallo do Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, un acto convocado polas entidades sociais coruñesas que traballan no acompañamento e asesoramento das persoas afectadas por esta enfermidade.
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polas concelleiras Nereida Canosa e Montse Paz, así como polo edil José Manuel Lage, participou nesta iniciativa "tan necesaria para lembrar que as institucións, desde o local ao estatal, temos a obriga de ofrecer recursos para a investigación e o tratamento, mais tamén debemos ser compañeiras de viaxe e contribuír á visibilización desta doenza, coa que conviven moitas persoas entre a invisibilidade e a incomprensión", indicou a rexedora, que fixo fincapé na importancia de reforzar o sistema sanitario público do país, con máis recursos e enfoques innovadores.
Na súa intervención desta mañá, a alcaldesa tamén lembrou a importancia das políticas municipais e as accións de proximidade á hora de colaborar estreitamente coas asociacións que dan resposta ás necesidades das persoas afectadas, "fundamentais á hora de estruturar comunidades e grupos de apoio".
Nesta liña de acción, e da man da entidade Fibro Visibles, o Concello habilitou moi preto da súa sede -na rúa San Andrés, 36- un banco de cor morada que, de forma simbólica, representa o espírito de concienciación e compromiso cidadán fronte á fibromialxia.

11 de mayo de 2026

4 de marzo de 2026

2 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible