21 de junio de 2026
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de trofeos ás e aos gañadores das competicións, promovidas pola Federación Española de Tríatlon coa colaboración do Concello
A Coruña cerrou este domingo unha intensa fin de semana deportiva, na que a cidade viviu a celebración das competicións nacionais de tríatlon, con máis de 1.800 promesas convocadas á cita.
As boas condicións meteorolóxicas acompañaron o desenvolvemento da primeira xornada, que tivo lugar este sábado coa Mariña, o Parrote, a contorna do Castelo de San Antón e a praza de María Pita como núcleos principais das probas, promovida pola Federación Española de Tríatlon (FETRI) coa colaboración do Concello.
O sábado, Adriana Solanes e Jayden Jael Silva, María Romero e Luis Piña, e Álvaro Llinares e Alba Núñez foron os respetivos campións de España nas categorías de tríatlon cadete, xuvenil e júnior na Coruña.
Xa hoxe, domingo, nunha mañá con horarios adaptados polo impacto da vaga de calor, Irene García, Marco Esteban, Lucía Ageitos e Luis Piña formaron a remuda mixta de talentos do Club Deportivo Delikia que se impuxo no Campionato de España cun tempo de 1:06:33; por diante de Tribarros Villafranca, con Cristina Acedo, Daniel Castro, Paula Ortega e Carlos Alías, a 28 segundos; e de Diablillos de Rivas, con Carla Caballero, Álvaro Guisado, Noa Quesada e Marcos Palomeque, terceiros a 1:11. O Deportivo Delikia adxudicouse tamén a categoría Open, por diante do CNB VAS Project, e Diablillos de Rivas.
Candela Sánchez, do Peñota Dental Triatlón, gañou o nacional júnior feminino en distancia sprint cun tempo de 37:20, por diante de Alba Núñez, do Cidade de Lugo Fluvial, e Julia Benito, de Tri Infinity Móstoles. Por clubs impúxose Diablillos de Rivas, por diante de Cidade de Lugo Fluvial e Deporama Triatlón Soriano. Na categoría masculina, Lucas García, do Deportivo Delikia, cun tempo de 32:15, gañaba o título por diante do seu compañeiro de equipo Lucas Riola, e Manu Prada, do Universidad de Alicante. Por clubs, a vitoria foi para Tripuçol, por diante de Delikia e Cidade de Lugo Fluvial.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios das dúas xornadas de competición. O edil subliñou a importancia de que "a cidade estea aberta á organización de eventos desta categoría, que non só contribúen a visibilizar A Coruña a escala nacional, senón tamén a dinamizala economicamente, a reforzar a súa identidade acolledora e a achegar a cidadanía a disciplinas deportivas en auxe".
Ademais, nesta xornada de clausura do campionato, Vázquez recibiu no Palacio Municipal a José Hidalgo, presidente da FETRI e vicepresidente do Comité Olímpico Español (COE). O edil obsequiou a Hidalgo cunha Torre de Hércules con deseño producido en Sargadelos, en representación do Goberno de Inés Rey.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible