12 de abril de 2024
A actividade central será a mesa “A Coruña, cidade de libro” con Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez sobre a construción literaria, o 23 de abril na Biblioteca de Estudos Locais
O Concello da Coruña promove preto dunha vintena de actividades para festexar a Semana do Libro, que terá lugar dende o 22 ate o 27 de abril nas Bibliotecas Municipais. Baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman", o Goberno de Inés Rey avanza na dinamización da rede de Bibliotecas con cinco días de obradoiros, contacontos, mesas redondas e unha solta de libros.
Entre os obradoiros programados destacan os de ilustración, escrita e encadernación, co obxectivo de dar a coñecer o oficio da escrita. Nesa liña, o martes 23 de abril terá lugar a actividade central da Semana do libro, coincidindo coa propia celebración do día do libro. Será unha mesa redonda co título "A Coruña, cidade de libro", sobre a construción literaria coas creadoras coruñesas Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora). Será ás 19.00 horas da tarde na Biblioteca de Estudos Locais, con entrada de balde ate completar capacidade.
Tamén o martes 23, comezará unha 'solta de libros' nos parques próximos a cada biblioteca. Liberaranse lotes de libros que estarán identificados con instrucións sobre como participar na dinámica, que consiste en atopalos e levalos para despois deixalos noutros lugares públicos e fomentar así a dinamización da lectura.
Ademais, as persoas que o desexen poderán visitar as Bibliotecas Municipais para coñecer diferentes mostras bibliográficas sobre o proceso da creación e oficio literario, desde a escrita e a ilustración ata a impresión e a encadernación. Con esta iniciativa, o Concello procura fomentar a lectura e poñer en valor os oficios, xunto co traballo artesán e o proceso creativo detrás de cada obra. Estas completaranse coa mostra 'Historia do libro' na Biblioteca de Monte Alto, cun percorrido histórico dende os primeiros manuscritos ata o libro electrónico, pasando por temas como a tipografía, a encadernación, a editora do século XIX, o modernismo ou as bibliotecas.
No canto dos obradoiros, o prazo de inscrición abrirase sete días antes da celebración da actividade. As persoas que o desexen, poderán realizar a súa solicitude de inscrición na web coruna.gal/bibliotecas.
Programación de obradoiros, por tipo
ESCRITA
Obradorio Lettering con Alba Farto _ Ágora.
Mércores 24, 18.00 h. 9 a 14 anos.
Obradorio Lettering con Alba Farto _Durán Loriga.
Venres 26, 18.30 h. 8 a 12 anos.
Obradoiro Escrita Fotográfica con Nuria Vil_Ágora.
Venres 26, 18.30 h. Público adulto +16 anos.
ILUSTRACIÓN
Obradoiro de Ilustración con tecido e fío con Bea Lema _Durán Loriga.
Mércores 24, 19.00 h. Mocidade e Público adulto.
Obradoiro de Ilustración (Banda Deseñada) con Bea Lema _Sagrada Familia.
Sábado 27, 11.00 h. 8 a 12 anos.
IMPRENTA
Obradoiro de Imprenta Creativa con Alouette Machine _Castrillón
Martes 23, dúas quendas 17.00 h e 18.30 h. Público familiar con crianzas +10 anos.
Obradoiro de elaboración de Libros en Pop-Up con Aida Alonso _Forum
Xoves 25, 18.30 h. 8 a 12 anos.
ENCADERNACIÓN
Obradoiro de encadernación_xaponesa con Códice_ Rosales
Xoves 25, 11.30 h. Público adulto.
Obradoiro de encadernación cartoné con Códice_ Rosales
Xoves 25, 18.30 h. Mocidade de 12 a 18 anos.
NARRACIÓN
Contacontos narración+ilustración con Caxoto e Marc Taeger_Ágora
Luns 22, 18.30 h. Familias con crianzas de 4 a 8 anos.
Charla sobre a Historia da escritura e o libro _Ágora
Luns 22, 19.30 h. Mocidade e Público adulto.
Contacontos para bebé con Xarope Tulú_Mesoiro
Martes 23, 18.00 h. Familias con crianzas de 1 a 3 anos.
Mesa redonda_coloquio "A Coruña, unha cidade de Libro"_ Estudos Locais | Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora)
Martes 23, 19.00 h. Mocidade e Público adulto.
Recital poético "Déboche unha"_Durán Loriga
Lucía Aldao e Andrea Nunes
Xoves 25, 19.00 h. Mocidade e Público adulto
23 de abril de 2024
20 de abril de 2024
10 de marzo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible