Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de agosto de 2026

A homenaxe, promovida pola Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros, incluíu a entrega dun diploma e a descuberta dunha placa conmemorativa

A Coruña homenaxea a Cañita Brava cunha placa conmemorativa na Gaiteira, o barrio no que iniciou a súa traxectoria artística

Inés Rey participou no recoñecemento ao artista coruñés, que deu os seus primeiros pasos musicais nas festas do barrio nos anos setenta

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde na homenaxe a Cañita Brava celebrada na rúa da Gaiteira ao abeiro das festas do barrio. O acto, promovido pola Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros, incluíu a entrega dun diploma de recoñecemento e a descuberta dunha placa conmemorativa.

A homenaxe tivo lugar nunha contorna especialmente ligada á traxectoria de Manuel González, que naceu nas Xubias, medrou nos Castros e comezou a cantar nas festas do barrio nos anos setenta. Foi precisamente naquela etapa cando, a partir da canción Cañita Brava, adoptou o nome artístico co que posteriormente acadaría popularidade en toda España.

A súa traxectoria levouno á televisión, con aparicións en programas como El Semáforo e Crónicas Marcianas, e tamén ao cine, especialmente a través da saga Torrente. Malia a súa proxección estatal, mantivo sempre unha estreita vinculación coa Coruña e cos seus barrios.

"Cañita conseguiu algo que non é nada fácil: que miles de persoas recoñezan inmediatamente o seu nome en toda España e que aquí, ao mesmo tempo, sigamos sentíndoo como un veciño máis", sinalou Rey, que destacou o seu humor "espontáneo, retranqueiro, popular e absolutamente inconfundible".

A alcaldesa agradeceu á Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros a iniciativa e o seu traballo para manter vivas as festas e a actividade do barrio. "Hoxe A Gaiteira, Oza e Os Castros homenaxean a un veciño. E A Coruña homenaxea a un dos seus personaxes máis queridos e singulares", concluíu.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión