Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2026

A Coruña inicia as Festas de María Pita coa 25ª edición do Festival Manicómicos, unha das grandes citas estivais das artes de rúa

O festival celebrarase do 16 ao 19 de xullo con 17 espectáculos gratuítos en catro espazos da cidade e unha programación que combina compañías internacionais e o mellor novo circo galego

A Coruña ultima os preparativos para o inicio da 25ª edición do Festival Manicómicos, unha das citas máis consolidadas da programación cultural de verán da cidade, que arrincará mañá, xoves 16 de xullo, cunha ampla oferta de espectáculos de circo, clown, humor, música e teatro de rúa para todos os públicos. Este evento suporá tamén o inicio das Festas de María Pita 2026, cunha programación que se expandirá ata comezos de setembro.

Organizado coa colaboración do Concello da Coruña, o festival celebra este ano un cuarto de século de traxectoria convertido xa nun referente das artes escénicas de rúa en Galicia e no conxunto do Estado. Nacido en 2004 como unha proposta de sala e trasladado pouco despois ao espazo público, Manicómicos forma parte hoxe da identidade cultural e festiva da cidade.

Nesta edición especial, o festival ofrecerá 17 espectáculos gratuítos repartidos entre o Paseo das Pontes, o Campo da Leña, a Praza Pablo Iglesias e o parque de Santa Margarida, cun programa que reúne artistas procedentes de Galicia, Cataluña, Madrid, Euskadi, Valencia, Arxentina, México e Colombia.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a importancia dun evento que "leva vinte e cinco anos achegando a cultura á rúa, convertendo os espazos públicos en lugares de encontro, convivencia e creación artística". Castro sinalou tamén que "Manicómicos é un exemplo do compromiso do Goberno de Inés Rey coa cultura accesible e de calidade, ademais dun escaparate excepcional para o circo contemporáneo, o clown e as artes escénicas para todos os públicos".

A programación arrincará mañá no Paseo das Pontes cun obradoiro de circo participativo para toda a familia a cargo de Atípico Circo, ao que seguirán os espectáculos '¡Qué disparate!', de Cirko Psikario; 'Morpha', da compañía Andrea Ríos; e 'Solo', de Roi Borrallas, unha produción galardoada con premios como o Zirkólika 2022 e o Fetén 2023.

Ao longo de catro xornadas pasarán polo festival compañías de recoñecido prestixio como Always Drinking Marching Band, Mundo Costrini, Paco Panjabi, Koilara Teatro, Cía. Seon, Abraham Arzate, Mina Clown ou Cía. SÖA, configurando unha programación internacional que convive co firme apoio ao talento galego, un dos sinais de identidade do festival desde os seus inicios.

A celebración do 25 aniversario chega, ademais, nun momento especialmente significativo para Manicómicos tras recibir en 2025 o Premio Circored ás Boas Prácticas, concedido pola Federación de Asociacións Profesionais de Circo de España en recoñecemento á súa traxectoria e contribución á difusión das artes circenses.

O festival concluirá o domingo 19 de xullo no anfiteatro de Santa Margarida coa tradicional Gala Manicómicos, un espectáculo de variedades cómicas e circenses presentado por Niño Costrini e Romina Kraus, que reunirá artistas participantes nesta edición e outras sorpresas para conmemorar por todo o alto este aniversario.

Toda a programación será de acceso gratuíto. En caso de choiva, os espectáculos trasladaranse ao frontón de Riazor.

Programa completo

Xoves 16 de xullo | Paseo das Pontes

  • 12.30 h | Atípico Circo - Circo en familia. Obradoiro participativo de circo para todos os públicos.
  • 18.00 h | Cirko Psikario -¡Qué disparate!. Espectáculo de clown, circo e teatro de obxectos para toda a familia.
  • 20.00 h | Andrea Ríos Cía. - Morpha. Proposta de circo contemporáneo, música e suspensión capilar.
  • 22.00 h | Roi Borrallas - Solo. Un dos espectáculos de clown máis premiados dos últimos anos.

Venres 17 de xullo | Campo da Leña

  • 12.30 h | Cía. Muu - Crunch 2!. Circo, clown e humor para todos os públicos.
  • 18.00 h | Abraham Arzate - El rompe récords. Comedia, acrobacias e retos imposibles.
  • 20.00 h | Koilara Teatro - La llegada. Humor absurdo e teatro físico arredor da chegada dunha nave alieníxena.
  • 22.00 h | Always Drinking Marching Band - La calle es nuestra. Espectáculo itinerante de música e humor polas rúas do centro da cidade.

Sábado 18 de xullo | Praza Pablo Iglesias

  • 12.30 h | Mina Clown - Deja que salga el sol. Clown, circo e música con ampla participación do público.
  • 18.00 h | Mundo Costrini - The Crazy Mozarts. Concerto cómico de música clásica con instrumentos insólitos.
  • 20.00 h | Paco Panjabi - Profesor de Yoga. Unha delirante sesión de clown e humor para todos os públicos.
  • 22.00 h | Cía. Seon - Infinit. Circo contemporáneo multipremiado que combina acrobacia, trapecio, danza e clown.

Domingo 19 de xullo | Parque de Santa Margarida

  • 12.30 h | Exterior da Casa das Ciencias | Cía. SÖA - Coa cabeza nas nubes. Teatro físico, danza, clown e acrobacias para público familiar.
  • 19.00 h | Anfiteatro de Santa Margarida | Gala 25 Festival Manicómicos. Gran peche da edición con variedades cómicas e circenses e a participación de artistas convidados, presentada por Niño Costrini e Romina Kraus.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión