26 de junio de 2026
O concerto forma parte da xira mundial do fenómeno televisivo
A Coruña será este sábado unha das paradas da xira mundial de La Reina del Flow. O concerto celebrarase no Coliseum e as derradeiras entradas continúan á venda nas plataformas habituais e no despacho de billetes da praza de Ourense. "Concertos coma este supoñen unha posta en valor pola programación de grandes eventos impulsada pola nosa alcaldesa, Inés Rey, así como do Coliseum, un dos mellores recintos de música en vivo do Estado", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O fenómeno televisivo global, producido por Caracol e difundido por Netflix a nivel mundial, chega á Coruña coa súa nova xira. Despois do éxito cultivado en 2025 no Movistar Arena e no Recorda Fest, a serie volve a España, esta vez con Charly Flow (Carlos Torres) encabezando o insuperable cartel, ao que tamén se suma Yoni Trejos (Jay Torres). Repetirán María José Vargas, que interpreta á nova Yeimi na serie, Juan Manuel Restrepo (Charly Flow/ Pez Koi), Drama Key (Juan Palau) e Kevin Bury (Cris Vega), neste circuíto que regresa dentro dunha xira ambiciosa e ao grande.
La Reina del Flow pasou de ser unha serie de éxito a converterse nun auténtico fenómeno internacional, conectado directamente co auxe e a presenza constante da música latina en todo o mundo. O seu universo musical, que mestura distintos estilos, reflicte a forza dunha cultura que hoxe marca tendencia e conecta con públicos de todas as idades.

25 de junio de 2026

25 de junio de 2026

28 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible