25 de octubre de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, defendeu en Madrid a inclusión da cidade no programa internacional de actividades
A Coruña será xunto con Barcelona e Málaga unha das cidades escollidas para a celebración dos eventos conmemorativos do 50 aniversario da morte de Picasso. Así se decidiu esta tarde na constitución do pleno da Comisión Nacional para a conmemoración do 50 Aniversario da morte de Pablo Picasso da que forma parte a alcaldesa da cidade, Inés Rey. O acto de constitución da comisión tivo lugar en Madrid e estivo presidido polo presidente do Goberno Pedro Sánchez. Ao mesmo asistiron tres ministros (Miquel Iceta, José Alonso Bolaños e Manuel Albores), e a exministra Carmen Calvo ademais das alcaldesas de A Coruña e Barcelona e do alcalde de Málaga, entre outros.
Rey amosou a súa satisfacción pola elección da Coruña como sede de parte dos eventos que se celebrarán entre 2022 e 2023. "É unha moi boa nova xa que nos recoñece e sitúa no mapa das cidades picassianas, o que nos abrirá enormes oportunidades culturais, económicas e turísticas".
Na programación aprobada hoxe inclúese a celebración na cidade dunha exposición internacional no primeiro semestre do 2023, "Picasso, blanco en el recuerdo azul, A Coruña 2023", que relacionará as principais etapas da produción do artista con obras do seu período formativo na cidade.
Esta será unha das diferentes actividades que se desenvolverán na Coruña e que se darán a coñecer nos próximos meses.
O Concello da Coruña vén traballando desde hai máis dun ano para que a cidade ocupe un lugar central dentro do programa de actividades que se desenvolverán con motivo do aniversario, traballo levado ao cabo dende o convencemento e o compromiso da alcaldesa de amosar a capacidade da Coruña para organizar e acoller eventos de relevancia internacional.
25 de abril de 2024
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible