2 de octubre de 2025
A asociación agrupa a urbes de todo o mundo que afrontan ou afrontaron a transformación dos seus peiraos
Este xoves, o Pleno aprobou a adhesión da Coruña na Asociación Internacional de Cidades e Portos, que agrúpanse as urbes máis importantes do planeta que nalgún momento pasaron ou pasan por un proceso semellante ao que está a vivir a cidade herculina, co obxectivo de transformar os seus peiraos e integralos na paisaxe urbana.
Fundada en Le Havre no ano 1988, a Asociación Internacional de Cidades e Portos ten hoxe 180 membros de 45 países distintos. É, pois, o maior foro existente para compartir experiencias e estratexias sobre transformación de espazos portuarios.
"É o foro tamén da transmisión dos coñecementos nesta materia e o espazo para un frutífero intercambio de ideas. A Asociación de Cidades e Portos é hoxe o referente a nivel mundial en transferencia de coñecemento, en impulso ao desenvolvemento sostible, en innovación e actualización tecnolóxica e en cooperación en rede a nivel internacional. É, pois, o lugar onde A Coruña ten que estar, porque somos unha cidade que aspira a ser un referente internacional co seu proxecto de integración na malla urbana dos terreos portuarios, e porque para selo con todas as garantías temos que coñecer de primeira man todas as experiencias de éxito que se teñen levado a cabo no mundo, non para copialas, senón para extraer de todas elas as mellores ideas para a creación do noso propio modelo", expuxo o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage.
O concelleiro lembrou, ademais, que desde que a alcaldesa reuniu a todas as Administracións implicadas no desenvolvemento da fachada marítima o 23 de febreiro do 2021, "téñense dados moitos pasos para definir, entre todos, a cidade que queremos e a que deixaremos ás vindeiras xeracións. Ese impulso inédito supuxo, de feito, o desbloqueo dunha situación que levaba enquistada desde o ano 2004. Hoxe falamos abertamente de como será A Coruña aberta ao mar nun solo público chamado a integrarse na urbe nunha reconfiguración urbana que preséntase como a maior oportunidade para deseñar o noso futuro".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible