Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de septiembre de 2026

A Domus acollerá o próximo 3 de outubro a Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWDem 2026

O programa de actividades gratuítas inclúe unha ampla variedade de talleres, concursos, charlas e demostracións en diferentes disciplinas, con especial énfases na robótica

A Domus acollerá o próximo sábado 3 de outubro a Feira de Tecnoloxías Abertas OSHWDem 2026, un evento gratuíto celebrado coa colaboración do Concello que traerá á cidade de novo unha ampla programación de actividades divulgativas, charlas, demostracións tecnolóxicas e talleres para todos os niveis.

"Eventos como este son fundamentais para reforzar a divulgación científica na cidade, usando ademais como sede a Domus, que é unha referencia da divulgación a nivel nacional. Será unha xornada aberta, para todas as idades e todos os niveis de experiencia. Unha porta para espertar intereses ou aumentalos. Desde o Goberno de Inés Rey recibimos sempre cos brazos abertos iniciativas así", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. 

As temáticas incluídas no cartel tamén son moi variadas, sempre dentro do ámbito da tecnoloxía, mesturando electrónica, robótica, radioafección, charlas e talleres para todos os niveis, e competicións de robótica (mini-sumo, seguelíñas, combate e Hebocom). 

Un dos eventos máis orixinais da programación desta edición é o das competicións de robótica. Este concurso aberto (que require inscrición previa), consta de diferentes categorías -Laberinto, Siguelíneas Iniciación, Velocistas, Combate e Minisumo Hebocon- e as persoas interesadas en participar poderán acceder tanto a competicións en solitario como en equipo. Toda a información acerca da feira, as actividades e os requisitos de participación está dispoñible nesta ligazón: https://i.gal/Xj2RG.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión