Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de mayo de 2024

A seguinte cita será mañá no IES Fernando Wirtz, con alumnado de 3º da ESO. Faranse dúas sesións máis no IES Zalaeta e Durmideiras

A EASD Pablo Picasso, primeiro centro en participar nos obradoiros de ‘Viñetas desde a escola’

Gonzalo Castro: “O Viñetas é máis que un gran festival do cómic, tamén unha oportunidade de coñecer o noso talento local e que este ano queremos achegar tamén aos centros educativos dun xeito dinámico e divulgativo”

O programa de obradoiros 'Viñetas desde a escola' comezou esta mañá na EASD Pablo Picasso, con medio cento de alumnos e alumnas que se achegaron á xornada. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, e responsable da área de Cultura, Gonzalo Castro, destacou a iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de dar a coñecer a importancia do festival entre a rapazada coruñesa. "O Viñetas é máis que un gran festival do cómic, tamén unha oportunidade de coñecer o noso talento local e que este ano queremos achegar tamén aos centros educativos dun xeito dinámico e divulgativo" explicou.

O programa conta con catro sesións previstas que serán impartidas pola autora Inés Vazquez, membro da plataforma Coruña Gráfica e gañadora do Premio Follas Novas 2022 pola súa obra 'Aldara'. A seguinte cita será mañá no IES Fernando Wirtz, con alumnado de 3º da ESO. Realizaranse dúas sesións máis: o 14 de maio no IES Zalaeta, con alumnado do Club de Cómic e do Club de Lectura, que está a traballar a obra de Inés Vázquez; e o 20 de maio no IES Durmideiras, a última sesión do programa, á que asistirá o alumnado do bacharelato artístico.

Gonzalo Castro estivo acompañado por Manel Cráneo, director artístico de 'Viñetas desde o Atlántico'. Ambos puxeron en valor o programa, coordinado entre o Concello e a dirección do Viñetas, para deslocalizar o festival do mes de agosto e trasladalo ao ámbito educativo. Tamén estiveron acompañados de Inés Vázquez, artista e docente no obradoiro; Xulio Carballo, mestre e coordinador do programa; e Elena Pardo, directora da Escola de Arte Superior e Deseño.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión