9 de febrero de 2026
Antes do peche, no día 26 de febreiro, a mostra organizará varios obradoiros, un deles impartido polo propio artista
A exposición "Xavier: Momentos Naturais", no Quiosco Alfonso, chegará ao seu fin o 26 de febreiro, e como colofón celebrararanse varias actividades ao longo destas semanas. A primeira será o taller familiar "O xardín circunflexo: Paisaxes orgánicas", no que os participantes poderán deseñar e construir un xardín orgánico, conformado por criaturas paisaxe; híbridos vexetais, minerais e animais, que configurarán un todo vivo e interrelacionado.
O evento está pensado para nenos e neneas a partir de cinco anos acompañados dunha persoa adulta. Se levará a cabo os sábados 14 e 21 de febreiro e o domingo 22 ás 12.00 horas na sala municipal de exposicións do Quisco Alfonso. A duración aproximada é de 60 minutos e as reservas poderán facerse a través do correo ludidactica@gmail.com.
O ciclo final tamén traerá as sesións de "Do gravado á estampación" impartido na sala de exposición do Quiosco e na EASD Pablo Picasso por Bérengère Lipreau e o propio Xavier e que explora as técnicas desta forma de expresión artística. As datas y horarios desta actividade, de aforo limitado, será:
Martes 24 de febreiro:
9.00 - 10.30: Recepción do alumnado no Kiosco Alfonso e presentación das técnicas de gravado utilizadas por Xavier.
11.00 - 14.30: Taller en EASD Pablo Picasso, realización polos alumnos dunha placa coa técnica do azucre e "morsure au lavis d'acide"
14.30 - 16.00: Pausa comida
16.00 - 20.00: Taller en EASD Pablo Picasso, impresión dos gravados
Mércores 25 de febreiro:
10.00 - 15.00: Taller en EASD Pablo Picasso, demostración dos modos de impresión con diferentes técnicas.
17.00 - 20.00: Visita á exposición no Kiosco Alfonso e conclusión do taller con presentación dos traballos.
O número total de prazas é de 12, con seis para o público xeral e outras seis para o alumnado do EASD Pablo Picasso. As reservas faranse ata o día 20 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso en horario de 10.00 a 14.00 horas. Deberá presentarse unha copia do DNIe o formulario dispoñible na seguinte ligazón debidamente cumpletado.

28 de marzo de 2026

27 de marzo de 2026

27 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible